Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
AGALICE Tapizaría en Boiro (A Coruña)

 

Tapizaría Agalice


Traballa dende o ano 1998, levando executados innumerables traballos para clientes de todo o territorio galego. Estamos orgullosos de podernos adicar a un oficio tradicional axudando a manter e transmitir técnicas e coñecementos a través de xeracións.

ORIXINALIDADE

Traballamos con tal diversidade de técnicas e materiais que seguro que te imos sorprender gratamente coa nosa creatividade.

 

ASESORAMENTO

Escoitamos a túa idea e axudámosche a tomar decisións asesorándote sobre o proceso de tapizado e os materiais e tecidos a empregar.

 

CURSOS

Impartimos cursos de tapizaría ao profesorado de Formación Profesional a través do CAFI e dos CFR da Consellería de Eduación da Xunta de Galicia.

Sobre Kiko Agalice

Kiko Fernández - Agalice

Kiko Agalice

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Son Técnico Superior en Producción de Madeira e Moble, pero por vocación e paixón adícome a tapizaría artesanal nun pequeno taller de Agüeiros (Boiro).

Alá polo ano 1998 a miña nai e o seu primo Miguel introducíronme pouco a pouco no arte de tapizar cando rematei o bacharelato.

Na familia da miña nai era común ter un oficio. Habia sastres, modistas, ebanistas, carpinteiros e tamén tapiceiros. Eles dous, eran coscientes de que todos estes oficios se podían aprender na FP excepto un, o da tapizaría.

Miguel Álvarez "O Tapiceiro" xa estaba xubilado e tiña ganas, tempo e taller propio para transmitirme os seus coñecementos, para que o seu oficio non desaparecera e houbera así un relevo xeracional.

A miña nai, era modista e ensinoume a marcar patróns, cortar, coser a man e a máquina, pero  sobre todo a ser curioso e perfeccionista no meu traballo.

Así que comecei a aprender o oficio de tapiceiro no taller de Miguel, que estaba ubicado no baixo dunha casa labrega. Era unha casa  sinxela e humilde no lugar de Viloura, en Castrelos, unha parroquia de Vigo.

Comigo sempre estaba Miguel Álvarez "O Tapiceiro", Rodelgo Villanueva "O gran mestre tapiceiro", Tucho "O Carpinteiro", Villa "O Ebanista" e un montón de amigos e veciños que se pasaban polo taller para ver como avanzaba eu no arte de tapizar.

Miguel Álvarez e o seu irmán Enrique Álvarez aprenderan a tapizar dende os 11 anos co seu tío Rodelgo Villanueva, así que cando éstes contaban con 15 e 17 anos respectivamente, decidiron embarcarse e traballar de tapiceiros de trastlanticos ata a súa xubilación.

Eu aprendín a tapizar mentres escoitaba historias de tapiceiros-mariñeiros que se adicaron a viaxar por todo o Oceano Atlantico e o Mar Mediterraneo durante 45 anos.

Quero dicir con isto,  que os cinco anos que estiven no taller de Viloura (1998-2003) como aprendiz foron moi divertidos e tamén moi duros porque me estaban preparando a conciencia para viaxar eu só.

Rodelgo Villanueva fora mestre de tapicería na Escola de Artes e Oficios de Vigo a mediados do S.XX. Sempre viña cando non estaba Miguel a dicirme si o traballo estaba ben feito ou non, aconsellándome sempre con boas palabras e  ilusión. Era elegante, alto, forte, educado e sempre estaba de bo humor. Gustáballe moito pasar as tardes comigo recordando as vellas técnicas da tapizaría tradicional onde todo se cosía a man, non existia a espuma e os tapiceiros desprazábanse cun maletín de pel con catro ferramentas as casas dos burgueses de Vigo para retapizar os “elemetos da época”.

Ningún destes tapiceiros tiña descendencia, así que comigo adoptaron un papel paternal e transmitíronme entre bagoas sostidas nos ollos todos os seus coñecementos sobre a tapizaría.